En Lugo queremos xente coma ti, con http://dream-trading.com.do/iq-option-x-apk-download talento e con ganas de comer o mundo. Temos moito que ofrecerche e ti moito que dar. O mellor está en Lugo.
En Lugo queremos xente coma ti, con http://dream-trading.com.do/iq-option-x-apk-download talento e con ganas de comer o mundo. Temos moito que ofrecerche e ti moito que dar. O mellor está en Lugo.
En Lugo temos unha magnífica calidade de vida onde o máis importante son as persoas. Seguro que oíches falar do famoso ambiente de tapeo que temos na zona histórica, o ben que se come por https://dream-trading.com.do/iq-option-x-apk-download aquí e, sen dúbida, saberás que é unha das cidades máis baratas e máis cómodas para vivir de toda a xeografía española.
Tamén tes una ampla oferta de pisos en aluguer que son amplos, de recente construción, ao lado do Campus e a un prezo accesible (100-150 €/mes por persoa nun piso compartido de 3-4 habitacións) e ademais no Campus atoparás unha moderna e ampla biblioteca intercentros na que sempre atoparás un sitio.
Lugo é historia viva da humanidade, moito máis que murallas milenarias e grandes espazos urbanos. En cada un dos seus concellos poderás atopar un relato do noso pasado, sexa do Paleolítico na primeira mostra de arte rupestre do noroeste peninsular, a Cova de Eirós, sexa regresar a época dos castros en Viladonga, ou rememorar a morte do Mariscal Pardo de Cela e con ela, a fin da Idade Media galega, na ponte do Pasatempo en Mondoñedo.
Lugo alberga a catedral máis antiga do sur de Europa, San Martiño de Mondoñedo, ou a única igrexa construída en mármore de España, O Hospital, pezas únicas do nos patrimonio que resistiron ao paso do tempo.
Lugo en si é unha marabilla natural, a combinación perfecta co mellor do mar e da montaña: desde unha das mellores praias do mundo, Augas Santas, a lugares únicos como a Ribeira Sacra. Conta coa primeira Reserva da Biosfera declarada en Galicia e a segunda en España en extensión, Terras do Miño, e tamén coa Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e parte da do Río Eo, Oscos e Terras de Burón.
Pero non só: tamén atoparás a tiro de pedra da capital recunchos inigualables como a Serra do Xistral, a Ría de Ribadeo, a Devesa da Rogueira, o nacemento do Miño no Pedregal de Irimia… Natureza en estado puro que está agardando que a descubras.
O campus de Lugo é un espazo con personalidade propia que presenta na cidade da muralla romana unha oferta académica en catro áreas do coñecemento diferentes (Artes e Humanidades, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas, e Enxeñaría e Arquitectura). Son un total de 15 títulos de grao que se agrupan en oito centros asentados na cidade.
A atención ás necesidades da comunidade universitaria complétase con instalacións e servizos específicos no ámbito deportivo ou cultural, así como con iniciativas propias que ofrezan un abano iq option x ingresar de posibilidades coas que os membros da comunidade universitaria complementan a formación regrada recibida nos graos.
As posibilidades formativas deste campus abranguen igualmente as distintas posibilidades de formación especializada que se concretan en posgraos e másteres a través dos que poderás definir, aínda máis, as túas expectativas profesionais cara á túa inserción no mercado laboral. O dos másteres é tamén o camiño cara ao doutoramento e a investigación, capítulo no que a Campus lugués posúe unha traxectoria de grande incidencia en ámbitos temáticos.
Programa de bolsas
Se te matriculas por primeira vez nalgún dos graos seguintes, a Deputación de Lugo pagarache o 50% da matrícula
de 09:00 a 14:30: 881 812 000 - 982 820 532
de 14:30 a 20:00: 881 811 000
Se tes algunha pregunta sobre o programa de bolsas que lanzamos a Deputación de Lugo a e a Universidade de Santiago de Compostela ou se queres que che ampliemos a información sobre algún dos seus aspectos, non o dubides e contacta connosco. Estamos agardándote!